Benvido, benvida!
Son Elena, xestora cultural en DSEU; un lugar no que promover ideas, proxectos e eventos que xurden no eido persoal e profesional.
En DSEU traballamos en equipo buscando a coherencia e a viabilidade en cada proxecto, por iso acompañamos a idea orixinal ata que se fai visible como evento coordinando tódolos actores implicados: organización, produción e comunicación. DSEU funciona como impulsora mediando e axuntando capacidades, esforzos e competencias na etapa de planificación, no desenvolvemento e na avaliación.
A nosa bagaxe aporta a seguridade necesaria para ser resolutivos en cada momento. Hai moitos xeitos de facelas cousas pero o noso é DSEU.
Neste enderezo podes consultarnos elena@dseu.gal
A nosa vocación é sumar!